TOPONIMIA
Nebra figura no Tomo do monsteiro de Toxosoutos coa forma NEVAR. Na Compostelana ou Historia dos feitos de Gelmirez figura como Navaría/Nevaria (Navarensis) e Nava, podendo provir do céltico "chaira rodeada de montañas" (Enciclopedia Lingüística Hispana, L. Alvar e outros, CSIC 1950, Tomo I), segundo Corominas. Para A. Montenego: "Toponimia Latina", ELH, niv- do lat. Nix nivis "neve" auga fría, co que Nebra de Nevara puido saír de nivarus ou sexa, niv mailo sufixo -arius; dáse a circunstancia que a fonte do Pazo de Nebra contén unha inscrición onde se alude a auga máis fría da comarca (El antiguo Pazo de Los Caamaño de Nebra, Joaquín Torres, Toxosoutos, Noia, 1997). Joaquín Claridad (T. YM.) fala dunha antiga divindade preindoeuropea mediterránea, itálica, etrusca, *Teba/Tebo, Gebra, Nebra, Bebra, Ebra, etc., todas elas formas relacionadas con *Tamar, un dos nomes da desusada mnai megalítica, que significa, "palmeara, sendo frecuente que os nomes con este radial nas Illas Canarias sexan hodrónimos que designen fontes de auga ou mananciais (Nebra, un lugar por descubir, José Suárez Caamaño).
ALDEAS
A parroquia de Santa María de Nebra forma parte do Concello do Porto do Son e da Comarca de Muros-Noia, ao sur da provincia da Coruña (Galicia, España) e está constituída, segundo o padrón municipal, de 27 aldeas: Belga (A), Terrona (A), Calo, Campo do Prado (O), Cans, Carantoña, Castrallón, Coira, Cornido, Curro (O), Escorrentada (A), Foloña, Ieste, Igrexa (A), Orseño, Pazo (O), Pedra do Lobo (A), Pedreisoas, Perceboi, Perdigueira (A), Puilla, Puilla Boa, Portofoloña, Queiro, Quintáns, Resúa, Sendia, Sobrado, Tores e Xosin.
A IGREXA
A igrexa do S. XVIII sufriu variación e a súa planta orixinal quedou alterada ao engadirlle as capelas laterais. Hoxe en día presenta unha planta en cruz latina e as dúas capelas comunicadas co brazo transversal. As naves están cubertas con bóvedas de canón sobre arcos en faixa de medio punto e bóveda de aresta no cruzamento. Os muros son de cantería de granito, interrompidos no interior polos arcos de medio punto para acceder ás capelas laterais, de planta cadrada e reducido tamaño. Na cabeceira sitúase a capela maior, do mesmo ancho que a nave principal e cuberta con bóveda de canón, ten pegada no lateral norte unha pequena sacristía. El exterior carece case de ornamentación. A cornixa recorre os muros e da paso a unha cuberta a dúas augas. Na fachada principal están os únicos elementos decorativos: un frontón triangular partido, cun nicho dentro do tímpano e encima da porta unha xanela sinxela. O elemento máis destacado é a torre formada por tres corpos superpostos, rematando nunha cúpula.
PEGADA SOCIAL
Sígueme nas redes e non te perdas actualizacións